Este sábado 25 de xuño, terá lugar na Sala O Túnel do Coliséum da Coruña, a segunda edición do festival Enchufados!, con grupos usuarios dos locais de ensaio. Nesta ocasión contamos con 8 grupos que quixeron formares parte do evento, e mostrar o traballo que durante meses levan pulindo nos locais: After all, Avézar, Extretxez demente, Fouce, Nhyl, Shinnen, The zipper e Venus on fire. Teremos para todos os gustos: desde propostas que se achegan ao Rock máis clásico, até diversas vertentes do Metal, pasando por grupos de estilo Punk. Os concertos comezarán ás 20.00 h (apertura de portas media hora antes), e para asistir só é preciso conseguir o convite que poderás atopar a vindeira semana no despacho de billetes da Praza de Ourense, no centro municipal de información xuvenil do Parque Europa, ou nos mesmos locais de ensaio. Estade atentos a locaisdensaio.blogspot.com pois faremos unha actualización no momento no que os convites estén nos puntos de recollida. http://locaisdensaio.blogspot.com/ [+]info:
http://corunacity.com
