O vindeiro venres 10 de setembro remata o prazo de preinscripción para as novas escolas de A Galiña Azul de Valadares,Tras Parlamento, en Santiago,A Parda e da Universidade, Eirís e Monte Alto, na Coruña, e de Sada. A preinscripción pode realizarse: Para os dous centros de A Coruña, e preinscripción pode realizarse no Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, situado na Rúa Enrique Mariñas, en Matogrande, en horario de 8:30 a 14:30. Pola súa banda, as solicitudes para a escola infantil de Sada poden presentarse no Departamento Municipal de Xuventude (Avda. Da Mariña s/n), en horario de 9:00 a 15:00 horas. As listas provisionais de admitidos e de agarda publicaranse o próximo 17 de setembro e poderanse presentar reclamacións ás mesmas durante 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación destas listas. As listas definitivas de admitidos e de agarda faranse públicas o 4 de outubro. Tanto as listaxes provisionais como as definitivas publicaranse no taboleiro de anuncios dos concellos, no do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e na páxina web www.igualdadebenestar.org. Ademais, nesta mesma páxina web atópase tamén publicada a información relativa á documentación que é necesario presentar e pódese descargar a instancia de solicitude. Finalmente, o prazo para formalizar a matrícula nesta escola infantil será do 5 ao 15 de outubro. A entrada en funcionamento será no último trimestre deste ano, para os centros de Vigo, Santigo e os centros de Eirís e Monte Alto e a principios do próximo ano para o de Sada e os de Pontevedra. Fonte Xunta. es
[+]info:
http://corunacity.com