If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Paula Carballeira coa obra "O refugallo" obtivo o VI Manuel María de literatura dramática infantil do que xa fora a súa primeira gañadora en 2006

refugalloAutora,Paula CarballeiraA,Isolda,Hipatia,Borboronte,Lustucru,autoraPaula Carballeira,Robin,Boa Xente,Troulas,Olo-iepu-iepu,Premio Lecturas,Correo Urxente,Lazaro,Contatras,White Raven,Isaac Diaz Pardo,Boas Noites,Premio Manuel Maria,Candean,Membro,Berrobamban,Centro Dramatico Galego,Babaiaga,Talia Teatro,Magrinyana,Paula Carballeira,Pequeno Hotel,Rias Baixas,Maxima,Contando,Ingles,Libro,Radio Galega Xamon,VI Manuel Maria,CarballeiraA,Carballeira,Lecturas,Urxente,Noites,Hotel,Baixas,Isaac Diaz,Premio Manuel,Candean e As,Centro Dramatico,Radio Galega,Manuel Maria,Pequen,Manuel,Dramatico,Obra: O refugallo
Autora: Paula Carballeira
A obra (apuntamentos da autora)

Isolda ten un libro de viaxes; Hipatia, un telescopio; Borboronte, unha tartaruga (aínda que as tartarugas non se teñen, só están contigo), e Lustucrú, unha pata de pau. Os catro viven no refugallo, co que ninguén quere. Os catro xogan xuntos a crear un mundo novo a partir do mundo vello e roto da súa contorna, porque son nenas e nenos, e saben ver as cousas doutra maneira.

O refugallo trata sobre a capacidade de fabulación que nos fai transformar a realidade, recreala e reinventala, coma o mesmo teatro, que lles dá vida a obxectos e personaxes que ata o momento da representación non existían para o público.

A autora
Paula Carballeira (Fene, 1972), dedícase profesionalmente ao teatro e á narración oral dende o ano 1994 e é autora de numerosos títulos de literatura infantil e xuvenil en galego, moitos dos cales contan con traducións a idiomas como o castelán, catalán, vasco, inglés, portugués e mesmo coreano: A percura, Robin e a Boa Xente; Troulas, andainas, solpores e unha farsa anónima, Olo-iepu-iepu, Un porco e unha vaca xa fan zoolóxico, Mateo, Paco (Premio Lecturas 2001), Correo Urxente (Premio Lecturas 2003), O ganso pardo, A era de Lázaro, Contatrás, Smara (premios White Raven e Isaac Díaz Pardo), O lobisome, Boas Noites (Premio Manuel María 2006), A casa redonda, O lobishome de Candeán e As outras historias, entre outros.

Membro da compañía Berrobambán dende 1996, tamén desenvolve a súa traxectoria como directora e actriz noutras compañías, como Centro Dramático Galego (para o que en 2006 dirixiu e interpretou A cabana de Babaiagá), Talía Teatro ou Magrinyana. Paula Carballeira ten participado como convidada en destacados festivais de narración oral, tanto a nivel estatal como internacional, ademais de traballar como actriz e contadora de contos en diferentes series e espazos da TVG (Apaga a luz, A noite en branco, Pequeno Hotel, O rei da comedia, Rías Baixas, Máxima audiencia, Contando estrelas, Pepe O Inglés e, na actualidade, Libro de familia) e como colaboradora nos programas da Radio Galega Xamón, xamón e A taberna da...

[+]info:
http://fenecom.blogspot.com/2011/12/paula-carballeira-coa-obra-o-refugallo.html

165 dias 15 horas 5 minutos 48 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.