Hoxe para variar, imos dar a receita do famoso caldo galego. Pero non é un caldo calquera; é o famoso caldo "á cullerdense"(Arguiñano, non a copies que a imos rexistrar). A receita é moi simple: patacas, fabas, chourizo, repolo e porco. Vamos, o caldo como o facían nosas avoas.Di miña sogra, que o caldo sabe mellor coa auga da aldea, que coa da Coruña. Deixa que cando vexa este caldo "vai flipar", pois menuda auga temos. Con un auga así facer caldo "está chupao".
Deixovos unhas fotos da auga recén collida do grifo en Fonteculler hoxe entorno ás 13:00. As fotos son da auga recollida do grifo, non do caldo recén feito, xa que como se pode apreciar, non ten nin patacas, nin fabas, nin chourizo nin porco.
Por certo, as cousas como son. Máis "bebible" que a auga da ría si que parece.
[+]info:
http://culleredoxove.com
