If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Touriño pon á ría do Burgo como exemplo de recuperación ambiental

Touriño,Ajripado,Zapataro,Touriño debe de andar ajripado e ademáis chosco dun ollo. Ajripado, porque debe ter o naris atascado para non cheirar os fedores que desprende a ría en determinadas zonas, e chosco porque hai que estar moi chosco ou moi cheo de viño, para non ver a escombrera que é a nosa fermosa ría. Que os políticos digan unha verdade, xa sería pedir moito, pero alomenos disimular, porque se di que a ría é un exemplo de recuperación ambiental, que imos pensar cando di que a economía vai vento en popa?, ou cando lle desexa aos bispos que "recuperen el sentido y el valor de juicio"?. Antes terá que recuperar a vista e o olfato, e polo que vexo tamén o oído, porque: pódese saber ademáis que lle fixeron os bispos?. Dito así, non me extraña que tralo debate deste luns pasado entre ZP e Rajoy, dixera que "vió a un Rajoy agresivo y a un Zapataro constructor de pais". Pero que ia ver vaia por Deus, se ve a Ría como unha patena, e bórdalle a merda por todos lados... Sorte que teñen coa xente que "cre sen haber visto" porque senón mira que ían perder votos!

[+]info:
http://culleredoxove.com

1435 dias 12 horas 39 minutos 0 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.