If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

O BNG estuda bonificacións nas taxas ante o incremento propiciado por APdC

Raquel Jabares,Culleredo,Recordou,ApdeC,Purificacion Illobre,Facenda,Lamentamos,Raquel Jabares, primeira tenente de alcalde e portavoz municipal do BNG, manifestou hoxe que “ O BNG no Pleno do pasado martes defendeu as bonificacións fiscais para os veciños e veciñas empadroadas en Culleredo, xa que é cos impostos deles como se constrúen os equipamentos”. Recordou así mesmo que "dende fai máis de dez anos todos os grupos políticos con representación municipal tiñamos este acordo, roto este ano polo grupo independente". A eliminación desta bonificación directa implicará máis xestións para os traballadores municipais e máis burocracia para os veciños. A eliminación desta discriminación positiva implicará que un veciño de Culleredo que até o de agora pagaba no por utilizar unha instalación deportiva 22€ pague agora 44€ xa que segundo este grupo independente “hai moita xente de que traballan en Culleredo pero viven fóra e teñen os mesmos dereitos que os que están empadroados”. A tenente de alcalde, Raquel Jabares afirmou que “a iniciativa de ApdeC se produce nun mal momento para a xente, por mor da crise económica o que vai supor un incremento económico á cidadanía cullerdense unicamente xa que os outros usuarios seguirán pagando a mesma cota, cando durante máis de dez anos viñamos asumindo todas as forzas políticas, este acordo, inclusive cando a concelleira Purificación Illobre era a era a delegada municipal de Facenda do Psoe”.  Non obstante, engadiu a portavoz nacionalista, que "o BNG traballa arreo para artellar ferramentas que garantan que os empadroados no concello teñan este tipo de bonificacións aínda que non sexa dun xeito tan directo como o estabamos a facer até o de agora. Lamentamos profundamente os prexuízos que o revanchismo político de grupos independentes poidan causar aos nosos veciños, mais dende a responsabilidade, o traballo e obxectivo único de garantir maior benestar aos cullerdenses o BNG traballará para minimizar o impacto desta imposición a veciños e veciñas” Fonte boletin do Bng de Culleredo

[+]info:
http://culleredoxove.com

1170 dias 5 horas 36 minutos 58 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.