If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Palabras e mais palabras

Da gusto oir falar ao noso Presidente, o Sr. Zapatero. Digo noso por dicir, porque a porcentaxe que me corresponde regálolla a quen a queira. Esta persoa é capaz de falar e debatir os problemas dunha nación sempre cun sorriso na boca. Para "El Club de la Comedia" non tiñas precio, meu rei. Non estamos en CRISE, non, é DESACELERACIÓN.....¡¡¡será desaceleración para os que ían lanzados!!!, porque para a maioría dos que teñen que recurrir actualmente ás prestacións por desemprego, ata esa data, ao mellor soamente lles chegaba para ir TIRANDO A RALENTÍ, e a partir de agora, como moito para ir TIRANDO A TROMPICÓNS. No ano 2010 prevén que estes problemas comecen a subsanarse. A ver si é verdade, porque soamente nos faltaba que se acelerase a DESACELERACIÓN. En este periodo de tempo, o que nos queda aos benditos parados, é facer "porras" a ver canto incrementa o paro nos meses sucesivos. A este paso, Sr. Zapatero, a ver en qué empresa metes a traballar no 2010 a 6 ou 7 millóns de parados. Nin con enchufe meu home. De todas maneiras, é un primor ver qué ben ensinadiño ten ao personal do seu equipo. A Sra. Álvarez (Ministra de Fomento, creo) sabe de carretilla tódolos tempos verbais do verbo PREDECIR (ver programas de zapping). Lástima que a metade das cousas que dí non se lle entendan. Debemos estar orgullosos de todo canto se fai por erradica-la fame no mundo, pero persoalmente creo que 1000 MILLÓNS DE EUROS son palabras maiores para unha nación inmersa nunha das peores crises da sua historia. Hay que colaborar con sentidiño, porque AO FINAL VAMOS A SER OS ESPAÑOLITOS OS MORTOS DE FAME. En fin, palabras e mais palabras

[+]info:
http://culleredoxove.com

1106 dias 22 horas 35 minutos 56 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.