O vindeiro venres 13 de marzo ás 20:30 horas inicia en Culleredo, na antiga Universidade Laboral, a Xira 2009 da Orquestra Sinfónica de Melide co espectáculo GRANDES COROS DE ÓPERA, dirixido por Fernando V. Arias e a participación de 180 músicos e moralistas en Escena, das Corais Polifónicas El Eco da Coruña e a Coral Liceu Casino de Vilagarcía.
O espectáculo trátase dunha fusión Sinfónico Coral e pretende ser unha homenaxe á música Coral.
Interpretarán obras de Bellini, Verdi, Donizetti, Borodin, etc.
[+]info:
http://culleredoxove.com