O BLOQUE NACIONALISTA DE CULLEREDO organiza o próximo 17 de xullo a partir das 21 horas unhaFOLIADA POPULAR na Praza de Europa do Burgo e dentro dos actos do 25 DE XULLO, DÍA DA PATRIA GALEGA.Baixo o lema de MOVÉNDONOS POLA LINGUA E POLO EMPREGO o BNG de Culleredo convida a toda a veciñanza do noso Concello e da comarca a participar nesta Foliada Popular . Nela poderán participar todos aqueles que saiban tocar algún instrumento,cantar ou queiran facer calquera outra actuación. No transcurso do acto entregaranse diversos regalos e intervirá a porta-voz do BNG no Concello de Culleredo,Raquel Jabares, que nos convidará a participar nos actos do 25 DE XULLO
O BNG de Culleredo quere con esta actividade animar a todas e a todos a participar nas celebracións do Día da Patria e facer do 25 de Xullo non só unha data festiva , senón tamén un día para afirmar o noso compromiso con Galiza e reivindicar os nosos dereitos sociais e individuais.
Fonte BNG de Culleredo
[+]info:
http://culleredoxove.com
