Algúns lugares de Fonteculler parecen unha selva amazónica; e non falo precisamente de lugares afastados nin montes cheos de fentos, lobos, lobishomes ou meigas; falo da ponte de acceso ó paseo da Ría do Burgo á altura de Villa Lucinda.Calquer día sae tarzán daquela boscaxe dando pinchos e nos mete un susto, mirade que vos aviso; eso si, que non salte moito porque co tanto óxido que ten a pobre ponte, igual acaba na vía do tren; e esa é outra que xa tratarei outro día.
Vexamos, "sus señorías del untamiento", cal é o custo de coller unha fouce u "similar aparello" e rozar esa xungla?. Xa sei que vostedes non o van facer, non os imaxino con caios nas mans, pero alomenos paguen a alguén con pelos no peito; ou xa non quedan cartos do plan E?.
Bueno, alomenos aos veciños que lles guste a natureza téñelo fácil. Será por natureza!!! Só lle faltan os bichos; hai non, que parece que tamén teñen. Vos gustan as ratas ao ajillo?. Pois por allende Fonteculler tamén as hai. Podedes pillarvos unha panzada; hainas do tamaño de elefantes e non esaxero, senón que lle pregunten ao veciño que lle paparon o can.
Así que hala, a limpar!!!!
[+]info:
http://culleredoxove.com
