If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

PROGRAMA DE ANIMACIÓN Á LECTURA PARA ADULTOS NAS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CULLEREDO

Cultura,Concello,Culleredo,Bibliotecas Municipais,Animacion,Lectura,Xose Cardeso Liñares,Vilamelania-Vilaboa,Uxio Novoneyra,Villamelania-Vilaboa,Miguel Gonzalez Garces,Servizos Multiples,Dirixidos,Tertulia Literaria,PROGRAMACIoN,TERTULIA LITERARIA,Desenvolvese,Nancy Garcia,Consiste,Raquel Herrero,Maria Jesus Candal Cancelo,DISFRUTA COA ARTE,Introducimos,Comezara,Luisa Valdes Aguirre,Tertulias Poeticas,Galicia,Miguel Anxo Fernan Vello,A concellería de Cultura do Concello de Culleredo a través das súas Bibliotecas Municipais, comeza o curso 2009/2010 de actividades de Animación á Lectura para adultos con novidades respecto á programación do pasado ano.
Este ano comezan xa, o 5 de outubro, un mes antes do curso pasado, ata xuño de 2010, nas Bibliotecas Municipais “Xosé Cardeso Liñares” de Vilamelania-Vilaboa, “Uxio Novoneyra” de Villamelania-Vilaboa e “Miguel González Garcés” de Servizos Múltiples do Burgo.
Dirixidos aos usuarios adultos, realizaranse os clubes de lectura e a Tertulia Literaria, que reúnen dous alicientes distintos: a lectura persoal e íntima e a posibilidade de compartir a lectura con outras persoas coas novidades da Tertulia de Arte e a Tertulia de Poesía.
Só é necesario o gusto pola lectura e inscribirse nas Bibliotecas Municipais ou a través do teléfono chamando ao 981 665597, sendo una actividade totalmente gratuíta. PROGRAMACIÓN:
TERTULIA LITERARIA:
Dirixido a un público adulto para compartir o gusto polo debate, a tertulia, a conversa arredor dunha lectura compartida.
Desenvólvese o 1º martes de cada mes, de 20,30 h. a 22,00 h. na Biblioteca “Miguel González Garcés” de O Burgo, comeza o 6 de outubro e está dirixidos técnicamente por Nancy García.
Consiste en ler un libro no mes. Na tertulia coméntase e fálase sobre o libro, ademais de información sobre o autor, marco histórico, movimiento literario, etc. do leído; e entregase outro para o seguinte mes. CLUB DE LECTURA DAS MAÑÁS:
Dirixido a un público adulto para compartir a lectura dun mesmo texto con outras persoas; celébrase os martes, cada quince días, de 11 a 12 horas na Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo; comeza o 13 de outubro e está dirixido técnicamente por Raquel Herrero Álamo. CLUB DE LECTURA DAS TARDES:
Co mesmo obxectivo do anterior celébrase os mércores cada quince días, de 17,30 a 18,30 horas da tarde na Biblioteca “Miguel González Garcés” do Burgo; comeza o 11 de novembro, dirixido técnicamente por María Jesús Candal Cancelo.
Os clubes, len tamén un libro ao mes. A diferencia é que aos 15 días de le ata a páxina que marca quen dirixe o clube (máis ou menos a mitade). O que se pretende é que o lector, poida chegar ata o punto marcado para ler, que se o tema está interesante non siga, pois no próximo encontró podría desvelar aos demais membros do club parte do que eles non leron. Ademais aportamos información sobre o autor, situación histórica, política, social, etc. TERTULIA DE ARTE “DISFRUTA COA ARTE”:
Introducimos o pasado ano como novidade a Tertulia de arte que ten como obxectivo achegar a un público heteroxeneo coñecementos básicos de arte patrimonio, coa idea de coñecer mellor a arte, a escultura e a pintura, clásica de vangardas, etc., sendo un éxito de participación.
Comezará o 14 de outubro o 2º e 4º mércores de cada mes de 11,30 a 13,00 horas dirixido pola pintora Luisa Valdés Aguirre.
TERTULIA DE POESÍA:
A novidade este ano será a apertura duna Tertulia de Poesía  que ten como obxectivo achegar a un público heteroxeneo pero amante da poesía a lectura compartida de poesía sendo una  das primeiras Tertulias Poéticas que se organizan en Galicia e que desenvolverase todos os luns primeiros de mes, comezando o 5 de outubro, en horario de 20,30 h. a 22,00 h. e dirixido polo poeta Miguel Anxo Fernán Vello.
As Bibliotecas Municipais o pasado ano 2008 tiveron perto de 30.000 visitantes e 6727 socios, manteñen os seus servizos de préstamos de libros, revistas, audiovisuais, acceso a internet e con 14.548 préstamos; 11.700 consultas de internet e 19.257 consultas aos fondos das bibliotecas. Fonte boletín concello de Culleredo

[+]info:
http://culleredoxove.com

869 dias 4 horas 2 minutos 53 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.