If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Indignación en Culleredo pola xestión do Centro de Día do Burgo

Reproducimos dende a web da Asociación O Noso Burgo, parte da nota de prensa relativa á xestión do Centro de Día do Burgo que está a causar malestar entre os veciños do concello. ...A preocupación entre os veciños é grande debido a que a pesar de aportar os terreos para a súa construcción (terreos urbáns de alto valor económico), e aportar o noso Concello o 10% do custe da construcción do edificio os veciños de Culleredo non terán ningún tipo de preferencia á hora de solicitar unha praza no centro para o nosos maiores. Xa non nos gusta que se ceda a súa explotación a unha empresa privada,  a donación dos terreos debian de ser para un centro de calidade e non para unha empresa que quer facer negocio cos nosos maiores, pero ademais diso que non se teña ningún tipo de deferencia cos que aportaron a idea, o traballo, o terreo e parte dos cartos, é inadmisible!. O Xefe Territorial dixo que estiveramos tranquilos que se valoraria a proximidade, con esas palabras descoñece totalmente a orografia do terreo actual da aerea metropolitana, os veciños de O temple, A Barcala, oou incluso o propia Cambre están máis próximos ao centro que os veciños de Celas, de Tarrio, ou mismamente de Vilaboa, eses veciños que aportaron o diñeiro para que outros ocupen as prazas. Puxemos de exemplo un colexio público, onde é requisito indispensable empadroarse no Concello para poder matricular a un neno, non serviu  de nada!. Os veciños sentímonos indignados con esta aldraxe aos residentes en Culleredo!. Por iso solicitaremos ao Alcalde do noso Concello que non financie nin con un só euro parte do custe do funcionamento, ademais de darlle os cartos a unha empresa que fai negonio cos necesitados, sería tamén financiar aos que non son do noso Concello.
O sentimento veciñal e de indignación e impotencia a ver como parte do noso patrimonio que se donou con moito cariño, vai a servir para un vil negocio máis.

[+]info:
http://culleredoxove.com

638 dias 4 horas 42 minutos 31 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.