If you have an account…



Registration

Forgot your password?

Forgot your username?

Register

Cursos de Verán no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo

Cursos de Verán 2010 no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo durante o mes de xullo.
Curso de Práctica orquestral
Nivel: Grao Profesional ou equivalente.
Do 1 ao 9 de xullo de 10 a 13:30 h.
Traballo individual, secionais e tutti. Concerto ao final do Curso.
Profesores: Antonio Suárez, Marcos Seoane, Joaquín García, Paloma Catalá.
Curso de Práctica orquestral
Nivel: Grao Elemental ou equivalente.
Do 12 ao 16 de xullo de 10 a 12:30 h.
Traballo individual, secionais e tutti
Profesores: Teresa Dieste e Begoña López
Curso de  Harmonía Moderna e Improvisación
Nivel: Coñecemientos básicos de harmonía.
Datas: 12 -13, 19-20, 26-27 de xullo de 10 a 12 horas
Principios de harmonía, notas de enlace melódico, substitución tritonal, uso melódico das tensións, etc. e práctica improvisativa.
Profesor: Iván Doval.
 
Curso de Trompeta
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Datas: Grao Elemental:  5, 12, 19 e 26 de xullo de 10 a 13:00 horas
Grao Profesional: 6, 13, 20 e 27 de xullo de 10 a 13:00 horas
Mantemento e conservación do instrumento, hábitos posturais, a embocadura, repertorio, novas grafías. Técnica e interpretación. Traballo individual, en conxunto e participación nos cursos de práctica orquestral.
Profesor: Jorge Ferreira
Cursos de Piano
Do 19 ao 23 de xullo de 10:30 a 12:30 horas
Mantemento: graos elemental e profesional ou equivalentes. Se pretende motivar ao alumnado para que sigan traballando durante estes meses estivais ou desexen adiantar traballo de cara ao próximo curso. Introdución ao piano: alumnado de todas as especialidades agás piano, que promocione a 3º de grao profesional onde comezarán coa nova materia de piano complementario.
Avanzado: pensado principalmente para os alumnos e alumnas dos derradeiros cursos do grao profesional de forma que lles permita adiantar repertorio do vindeiro curso.
Profesores: Miguel Valls, Alís Polo e Manuel Rosende.
 
Curso de Violoncello
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 19 ao 23 de xullo de 10 a 12 horas.
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Curso de mantemento para motivar ao alumnado, que sigan traballando durante estes meses estivais ou desexen adiantar traballo de cara ao próximo curso. Profesor: Joaquín García

Curso de Frauta traveseira
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 26 ao 30 de xullo de 10 a 14 horas.
Curso dirixido cara desenvolver mais amplamente o repertorio da formación coñecida como “Orquestra de Frautas”  con tódolos instrumentos que completan dita formación. Respiración, son, técnicas de estudo etc. Concerto ao final do Curso.
Profesora: Paloma Catalá.
 
Curso de Inglés técnico para o ámbito musical
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 1 ao 9 de xullo de 10 a 12 horas
Se pretende coñecer a linguaxe técnico-musical inglesa e desenvolver a capacidade de comunicación en termos musicais do alumno/a no idioma inglés.
Profesora: Lucía del Puerto.
 
Curso de Canto
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 26 ao 30 de xullo de 11 a 13 horas.
Se pretende que mediante xogos de iniciación á relaxación e sesións diarias de traballo corporal, entre outras técnicas, se poida producir un achegamento á música vocal a través da práctica en grupo e o estudo de la voz, ademais de fomentar o aproveitamento das capacidades vocais.
Profesora: Victoria Álvarez
Curso de Clarinete
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 26 ao 30 de xullo de 10 a 12 horas.
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.Curso de mantemento para motivar ao alumnado, que sigan traballando durante estes meses estivais ou desexen adiantar traballo de cara ao próximo curso. Profesor: Antonio Suárez
Gratuitos para alumnado do Conservatorio ou empadroados no Concello de Culleredo
Información e inscripción:
Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. Rúa Andrés Pan Vieiro, 30 Acea de Ama 15670 - O BURGO – Culleredo Tlf: 981667798 – 981661208 Fax: 981654644 E-mail: conservatorio@culleredo.org

[+]info:
http://culleredoxove.com

694 dias 1 horas 20 minutos 12 segundos
    Name

    Email

    Url

    Message

    CAPTCHA Image

    Reload image


    2011 by Boboras.